Monday 29 de April de 2024

O Concello de Noia organiza unha charla sobre a campaña de control da vespa velutina


O Concello de Noia organiza unha charla informativa sobre o control da vespa velutina, que terá lugar no salón de plenos o venres 6 de abril, ás 20:30 horas. Unha iniciativa dirixida tanto a apicultores como a persoas interesadas en recibir información sobre a campaña de control desta especie invasora no municipio.

A charla será impartida polo xefe do servizo de Protección Civil de Noia, Eduardo Moledo, que estará acompañado pola concelleira de Medio Ambiente e Protección Civil do Concello de Noia, Ángeles Neri Arufe. A entrada é totalmente libre e de balde.